viernes, 12 de octubre de 2012

Manualidade - A libreta das letras

Agora, facemos unha libreta para facer o noso diccionario de clase. A libreta a faremos con folios en branco, tendo 2 folios por letra.

Material

Necesitamos:
  • 50 folios
  • 1 clip (para manter unidos os folios)
  • 2 cartolinas
  • lápiz, goma, regra, rotulador negro ou boligrafo negro
  • pinturas de cores

 Seguiremos os seguintes pasos:

  1. Facemos unha plantilla.
  • collemos un folio e medidos na parte lateral dereita 1 centímetros de ancho en varios puntos do lateral do folio,
  • facemos unha liña recta que pase por todos os puntos marcados,
  • facemos as casillas das letras, medindo verticalmente ao longo da liña que acabamos de facer 1,2 cm para cada casilla, procurando que sexan liñas rectas,
  • son 24 casillas,
  • despois de facer as casillas, escribimos as letras, tendo unha por casilla excepto as letras JK, UV e XY. Non te esquezas da Ñ.

Xa temos a plantilla que imos usar como referencia. Agora, empezamos a facer cada casilla coa letra da seguinte maneira:

  1.  Collemos un folio en branco e facemos as dúas últimas letras (a que recortamos antes e a nova),
  2. agora xa temos dúas pestañas, e repetimos con outro folio (temos 2 folios por letra),
  3. seguimos coa seguinte letra ata acabar todas as casillas,
  4. repasamos as letras con rotulador ou con boligrafo negro e BORRAMOS CON COIDADO... OLLO, QUE ROMPE CON MOITA FACILIDADE!!!
Cando terminamos isto, facemos unha portada e unha contraportada. Cómo? Collemos unha cartolina de cor e facemos o noso nome con letras bonitas (e que se poidan leer) na portada, poñemos o curso e o nome do colexio. Na contraportada, facemos un debuxo do que queiramos, coloreado con pinturas.

Xa temos as instruccións, agora toca traballar moito!!! E recordade, tedes que medir ben, hacer as liñas rectas, ser moi pero que moi curiosos para que quede ben ao final e sobre todo, paciencia...

jueves, 4 de octubre de 2012

Debuxo outono (resultados)

Como vedes, isto vai rápido... Xa temos os nosos debuxos rematados!!! Ahí van...



Vista xeral

Árbore con castañas

Paseando polo río?

Posta de sol

Paxariño descansando

Solpor

Oco de árbore con sorpresa

Xa caeron as follas

Cogomelos!!!

Outra visión xeral

Arco da Vella

Colocación...

...descolocada

Visión xeral II

Visión xeral III

Visión xeral IIII

A caida do sol

Folla Nova

Pedazo cogomelo!!!

Árbore sen alma

Esperando o Magosto

Outono no deserto

A ponte sobre o Río Peitieiro





Espero que vos gusten!!!

viernes, 28 de septiembre de 2012

Debuxo outono

Agora, ímos debuxar algo relacionado co Outono. Para iso, cada un terá unha cartolina de cor (vermella ou amarela) con diferentes formas, onde teñen que plasmar unha paisaxe, un elemento ou unha visión que teñan do outono.

Ao rematar, colocarase debaixo da "gran bota" da clase. Ímos aló!!!

viernes, 21 de septiembre de 2012

Debuxo "O que máis me gustou das VACACIÓNS" (resultados)

Estes son os debuxos rematados...

En praia América

Algo...

No camping "Cachadelos"

Posta de sol no monte

Piscina con tobogán

En praia América

Navegando polo mar

Un "regaliño" por portarse ben

Viaxe a Amsterdam

No Zoo en Marcelle

Menudo partido de futbol!!!

Na piscina

Correndo coa bici

Viaxe a Almería

En praia América

O Castro de Lugo

Vendo a película TED

Como vedes, hai moito bó onde elixir. Espero que vos gustasen!!!

viernes, 14 de septiembre de 2012

Debuxo "O que máis me gustou das VACACIÓNS"

Como primeira actividade, imos debuxar o que máis nos gustou das nosas vacación, deixando renda solta para que cada un puidese facer o que máis lle gustou. Pódese utilizar calquera técnica.

Ímos traballar!!!

miércoles, 12 de septiembre de 2012

Benvida

Este blog o utilizaremos como diario de clase, no que poremos o que facemos na clase. É de dominio público para facilitar que podades entrar sen necesidade de mail. Os comentarios están revisados e tutelados.

Por último, recordar o día da clase:

- Venres, a 3º hora.

Bo curso e a traballar!!!