Agora, facemos unha libreta para facer o noso diccionario de clase. A libreta a faremos con folios en branco, tendo 2 folios por letra.
Material
Necesitamos:
- 50 folios
- 1 clip (para manter unidos os folios)
- 2 cartolinas
- lápiz, goma, regra, rotulador negro ou boligrafo negro
- pinturas de cores
Seguiremos os seguintes pasos:
- Facemos unha plantilla.
- collemos un folio e medidos na parte lateral dereita 1 centímetros de ancho en varios puntos do lateral do folio,
- facemos unha liña recta que pase por todos os puntos marcados,
- facemos as casillas das letras, medindo verticalmente ao longo da liña que acabamos de facer 1,2 cm para cada casilla, procurando que sexan liñas rectas,
- son 24 casillas,
- despois de facer as casillas, escribimos as letras, tendo unha por casilla excepto as letras JK, UV e XY. Non te esquezas da Ñ.
Xa temos a plantilla que imos usar como referencia. Agora, empezamos a facer cada casilla coa letra da seguinte maneira:
- Collemos un folio en branco e facemos as dúas últimas letras (a que recortamos antes e a nova),
- agora xa temos dúas pestañas, e repetimos con outro folio (temos 2 folios por letra),
- seguimos coa seguinte letra ata acabar todas as casillas,
- repasamos as letras con rotulador ou con boligrafo negro e BORRAMOS CON COIDADO... OLLO, QUE ROMPE CON MOITA FACILIDADE!!!
Cando terminamos isto, facemos unha portada e unha contraportada. Cómo? Collemos unha cartolina de cor e facemos o noso nome con letras bonitas (e que se poidan leer) na portada, poñemos o curso e o nome do colexio. Na contraportada, facemos un debuxo do que queiramos, coloreado con pinturas.
Xa temos as instruccións, agora toca traballar moito!!! E recordade, tedes que medir ben, hacer as liñas rectas, ser moi pero que moi curiosos para que quede ben ao final e sobre todo,
paciencia...