viernes, 22 de febrero de 2013

Debuxo en lixa (resultados)

Agora imos ver qué cousiñas máis bonitas fixemos hoxe na clase...



(faltan fotos)


Espero que vos gusten!!!

viernes, 15 de febrero de 2013

Debuxo en lixa

Imos comezar coa nova tarea... O debuxo en lixa!!! Sabedes de qué vai? Comentao...

viernes, 8 de febrero de 2013

Disfraz entroido (resultado)

Xa hai probas de que rematamos... Visita a web co cole e verás un montonazo de fotos, videos e máis cousiñas...

Espero que vos gusten!!!

jueves, 10 de enero de 2013

Entroido

Ímos comezar ben o ano preparando o noso disfrace de entroido. Este ano imos ir de Espantallos no Cep Xosé Neira Vila, así que toca un pouco de fío, agulla, palla e moita imaxinación.

O disfrace constará de:

  • Pantalón vaqueiro (vello),
  • Camisa de cadros (vella),
  • Sombreiro de palla (vello e roto a poder ser),
  • Palla seca,
  • Trozos de tea (para facer os remendos),
  • Tea arpilleira (a cortar),
  • Paxariño (de cartón),
  • Careta (de cartolina)
  • ...

Ímos a escomezar...

Primeiro traemos a palla e facemos pulseiras e tobilleiras. ¿Cómo? Poñemos 2 ou 3 tiras de celo co pegañento cara arriba, enchemos toda a tira con palla e cerramola por riba con outras 2 ou 3 tiras de celo. Cortámola a mitade e logo aseguramos a parte que pega con máis celo. ¿Porqué? Así separamos a palla do brazo e non nos pica moito, deixándo espazo para moverse.

Tea arpilleira

Esta é a tea de saco (como se coñece por algúns sitios). Compramos un roio grande cortamos a medida para cada nen@. Logo, cosemos os laterais deixando espazo para poñer e sacar.

Toca coser

Agora, despois de ter as nosas pulseiras e tobilleiras, toca coller os pantalóns, a tea arpilleira e as camisas e coserlle uns remendos. Xa na clase explicamos como facelo. ¿Foi fácil?

Sombreiro e careta

Facemos un pequeno paxariño con cartón (xa o fixemos o ano pasado, así que sabemos como é), e o colocamos no sombreiro. Para a careta, temos unhas plantillas que usaremos para marcar o trazo e cortar. Logo toca pintar algo para caracterizar a nosa careta.

Gañas de divertirse

Agora, só queda ter ganas de divertirse e portarse ben, aínda que custe moito...

¿Qué tal o pasáchedes?