jueves, 10 de enero de 2013

Entroido

Ímos comezar ben o ano preparando o noso disfrace de entroido. Este ano imos ir de Espantallos no Cep Xosé Neira Vila, así que toca un pouco de fío, agulla, palla e moita imaxinación.

O disfrace constará de:

  • Pantalón vaqueiro (vello),
  • Camisa de cadros (vella),
  • Sombreiro de palla (vello e roto a poder ser),
  • Palla seca,
  • Trozos de tea (para facer os remendos),
  • Tea arpilleira (a cortar),
  • Paxariño (de cartón),
  • Careta (de cartolina)
  • ...

Ímos a escomezar...

Primeiro traemos a palla e facemos pulseiras e tobilleiras. ¿Cómo? Poñemos 2 ou 3 tiras de celo co pegañento cara arriba, enchemos toda a tira con palla e cerramola por riba con outras 2 ou 3 tiras de celo. Cortámola a mitade e logo aseguramos a parte que pega con máis celo. ¿Porqué? Así separamos a palla do brazo e non nos pica moito, deixándo espazo para moverse.

Tea arpilleira

Esta é a tea de saco (como se coñece por algúns sitios). Compramos un roio grande cortamos a medida para cada nen@. Logo, cosemos os laterais deixando espazo para poñer e sacar.

Toca coser

Agora, despois de ter as nosas pulseiras e tobilleiras, toca coller os pantalóns, a tea arpilleira e as camisas e coserlle uns remendos. Xa na clase explicamos como facelo. ¿Foi fácil?

Sombreiro e careta

Facemos un pequeno paxariño con cartón (xa o fixemos o ano pasado, así que sabemos como é), e o colocamos no sombreiro. Para a careta, temos unhas plantillas que usaremos para marcar o trazo e cortar. Logo toca pintar algo para caracterizar a nosa careta.

Gañas de divertirse

Agora, só queda ter ganas de divertirse e portarse ben, aínda que custe moito...

¿Qué tal o pasáchedes?

No hay comentarios:

Publicar un comentario